Axenda de actividades provinciais

“Contrapuntos: música e memoria”. Conversa e concerto en homenaxe a Castelao e Virxinia Pereira

08/05/2025 19:00
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Virxinia Pereira e Castelao

A terceira edición de “Contrapuntos”, o programa de música e memoria do exilio de 1939, estará dedicada ao matrimonio Alfonso Daniel R. Castelao e Virxinia Pereira. Incluirá unha conversa con Noni Araújo e Pepe Coira, moderada por Beatriz Fontán, e un concerto da violinista Sara Areal, acompañada polo guitarrista Samuel Diz.

Información