Axenda de actividades provinciais

COSTA ATLÁNTICA MTB TOUR 2026. Etapa 1: crono nocturna

10/04/2026
Pontevedra
Costa Atlántica

O Costa Atlántica MTB Tour 2026 é unha competición de ciclismo de montaña por etapas que ten lugar en Pontevedra, con saída e chegada na praza da Ferrería. Participan ao redor de 330 ciclistas de España e Portugal, e espérase unha asistencia total de ata 1.300 persoas entre participantes, acompañantes e público.
A primeira etapa consiste nunha crono nocturna de 3 km polo centro histórico de Pontevedra, na que as persoas participantes sairán en grupos e deberán completar o percorrido no menor tempo posible. O seu carácter urbano e o horario nocturno converten esta proba nun espectáculo deportivo de grande atractivo para o público.

Información

Máis información