Axenda de actividades provinciais

Curso: “Do Cine Clásico ao Cine Moderno”

Desde 04/02/2025 ata 27/05/2025
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Ciclo de cine no Museo

O curso “Do Cine Clásico ao Cine Moderno. Intuicións, Rupturas e Ecos dos Novos Cines da Modernidade (1950-1980)” traza un panorama xeral dos novos cines dos anos 60 do pasado século, sen esquecer as súas intuicións nos 50 e os seus ecos nos 70.

Información

Martes de febreiro, marzo, abril e maio, de 19:00 h a 20:30 h.

O acceso é libre. Entregaráselles un certificado de asistencia ás persoas que se inscriban previamente en reservas.museo@depo.gal e asistan como mínimo ao 70% das sesións.

Máis información