Axenda de actividades provinciais
Exposición "A muller da miña vida"

No xogo de imaxes proposto nesta exposición percorremos un relato emocional. Un relato que se asume pulsante e que renuncia desde o principio á imaxe obxectiva. Aquí, unha imaxe que asume as xesticulacións do tempo e da interpretación, pois a memoria é recordo compartido. Eco, a fin de contas, de fogueiras afastadas. “A muller da miña vida” é o canto coral da memoria (e da miña memoria) e, como tal, celebración do noso breve aparecer envolto tanto no enigma do temor coma no da marabilla.
Información
Do 8 de marzo ao 28 de abril de 2023
Inauguración: mércores 8 de marzo ás 17:30 horas
Performance de Andrea Mosquera e María Roja, co espectáculo site-specific
Confirmación de asistencia en participa.cultura@depo.es