Axenda de actividades provinciais

Exposición "Ana Miralles, a sedución do grafito"

Desde 2023-03-17 00:00:00.0 ata 2023-04-09 23:59:00.0
Edificio Sarmiento. Museo de Pontevedra
Exposición Ana Miralles, a sedución do grafito

Ana Miralles (Madrid, 1959) é unha das autoras españolas de BD de maior proxección internacional, que se iniciou no cómic underground e prosperou no erotismo, consagrándose definitivamente no mercado francés con obras de corte fantástico como Eva Medusa e especialmente coa serie Djinn. Xunto a Emilio Ruiz publica en Astiberri o libro infantil Wáluk, unha fábula ecoloxista, e Muraqqa. Na actualidade preparan unha BD titulada Ava, un relato ficcionado das 48 horas que pasou a estrela de cine en Río de Xaneiro, en 1954.

Información

De martes a sábados: de 10 a 21 h

Domingos e festivos: de 11 a 14h

Máis información