Axenda de actividades provinciais
Exposición camelia itinerante. O Porriño
Do
07/04/2026
ao
14/04/2026
Praza de Antonio Palacios. O Porriño
Trátase dunha exposición que percorrerá os concellos da provincia nos que se organizan mostras sobre a camelia para achegarlle a toda a cidadanía información sobre esta flor, desde a súa historia ata os seus coidados; a economía que xira arredor dela; a súa relación coas artes, coa gastronomía ou coa moda; os produtos da camelia; ou a ruta que se pode realizar pola nosa xeografía arredor desta flor.
Información
Inauguración o 7 de abril ás 12 h