Axenda de actividades provinciais
Exposición “Desigual”, do pintor Gonzalo Sellés Lenard
Desde
28/02/2025
ata
16/03/2025
Palacete das Mendoza. Pontevedra

O artista vigués Gonzalo Sellés Lenard invítanos nas súas obras a unha dobre observación empírica e física e, a través das súas pinceladas, meticulosas, busca representar o intanxible, capturando o tempo de forma física. A súa creación oscila entre a abstracción e a figuración, mostrando figuras identificables coma pétalos ou follas, mentres aborda ideas tanxibles propias do abstracto. Na serie Fuzzy, que presenta nesta mostra, tamén pon sobre a mesa unha ruptura coa concepción clásica da arte, imitando a natureza de maneira non coherente.
Información
Horario
- De luns a venres de 8:00 a 20:00 horas
- Os sábados e festivos de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas
- Os domingos de 10:00 a 14:00 horas