Axenda de actividades provinciais

Exposición "Símbolos do conflito. Fotografías de Xulio Gil"

Desde 02/02/2023 ata 26/03/2023
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Exposición Xulio Gil

O Museo de Pontevedra reúne na exposición “Símbolos do conflito. Fotografías de Xulio Gil” as propostas conceptuais de Xulio Gil no período de 2020-2022. Trátase dun achegamento a unha figura esencial da fotografía de autor en Galicia que nas últimas dúas décadas refinou as súas liñas de traballo e investigación estética anteriores.

Información

De martes a sábados, de 10:00 a 21:00 h

Domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 h

En museo.depo.gal