Axenda de actividades provinciais
Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc
Desde
07/05/2025
ata
11/05/2025
Tui

Do 7 ao 11 de maio, a cidade de Tui acolle unha nova edición de Play-Doc, unha das citas clave do panorama galego de festivais de cinema. Cunha programación que destaca polo seu carácter innovador e sensibilidade artística, o festival incorpora tamén propostas paralelas que exploran novas formas de relacionarse co cinema. Esta edición presenta dous espectáculos en vivo que conectan as imaxes en movemento coa música e o patrimonio, convidando o público a descubrir outras maneiras de experimentar o cinema máis alá da sala tradicional.
Información
Máis información en