Axenda de actividades provinciais

Mouras e Meigas. Dia en familia

2023-07-15 17:00:00.0
Castelo de Soutomaior
Mouras e meigas no Castelo de Soutomaior

‘Mouras e Meigas no Castelo de Soutomaior’ trátase dunha programación de actividades que abrangue visitas teatralizadas, obradoiros, contacontos e roteiros para familias con nenas e nenos baseadas nas lendas, os oficios tradicionais e as tradicións da provincia de Pontevedra. As familias pódense achegar á mitoloxía popular da provincia, xogos tradicionais, oficios artesanais, seres mitolóxicos ou tradicións coma os maios, as herbas de San Xoán, a vendima ou o Samaín. Ofértanse en total 360 prazas.

Información

Un obradoiro e unha ruta para descubrir moitos dos divertidos xogos tradicionais galegos.

Capacidade para cada obradoiro: 30 persoas. Prezo: 8 €/persoa.

Venta de entradas