Axenda de actividades provinciais
Move It Vigo Urban Dance Competition 2026
Move It Vigo 2026 é unha competición de danza urbana que reúne bailaríns, parellas e equipos de diferentes puntos de España e Portugal. Dirixido a participantes a partir de 4 anos, o evento está estruturado por categorías de idade e nivel, promovendo un modelo inclusivo que favorece o desenvolvemento progresivo do talento, desde os máis pequenos ata os profesionais. Ademais, o evento fomenta a cultura da danza urbana e ofrece unha experiencia integral tanto para quen participa como para o público asistente.
O campionato premia a creatividade e o talento a través de trofeos, medallas, diplomas e mencións especiais para as e os máis novos. Competirase en estilos como hip hop, popping, locking, waacking, krump, comercial dance ou breakdance, entre outros.