Axenda de actividades provinciais

Por que cantan as mulleres? Obradoiro e concerto didáctico con Branca Villares

16/05/2025 19:00
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
Por que cantan as mulleres

O Día das Letras Galegas dedícaselle este ano á poesía popular oral e ás cantareiras que a mantiveron viva ao longo do tempo. Para celebralo, o Museo organiza un obradoiro e concerto didáctico arredor da tradición oral feminina, conducido por Branca Villares. Está dirixido a persoas de todas as idades e non é necesario inscribirse previamente.

Información