Axenda de actividades provinciais
Voces dos Ermos. Banda Filharmónica de Vigo
11/04/2026 19:00
Auditorio do Centro Cultural de San Miguel de Oia, Vigo
Ciclo de Música Coral. #AnoOteriano
Banda Filharmónica de Vigo, con David Fiúza como director convidado e coa colaboración do coro Mistura Vocal.
A Deputación de Pontevedra organiza esta primavera un ciclo de cinco concertos de música coral nos concellos, que se desenvolverán de marzo a maio de 2026, con agrupacións corais e grupais da provincia. Nestes concertos terán protagonismo as voces e mesturaranse a música clásica, a popular e a contemporánea.
Información
Entrada libre ata completar aforo
Solicitude de convite en info@bandafilharmonicavigo.gal