Reacción Pontevedra Provincia (ReacPon)

#ReacPon

Reacción Pontevedra Provincia

Un ambicioso plan de investimentos para relanzar a economía da provincia

A Deputación de Pontevedra lanza Reacción Pontevedra Provincia (ReacPon), o plan de investimento público más ambicioso da historia da institución, dotado cun orzamento de 47,2 millóns de euros. O seu obxectivo é impulsar a economía da provincia xerando actividade e axudando a manter o emprego.


A institución provincial aposta polo investimento público como ferramenta para estimular a actividade económica despois da pandemia da COVID-19. Esta potente inxección de recursos destinada á transformación da provincia de Pontevedra súmaselles aos 168 millóns do orzamento aprobado para 2021. Esta mobilización de fondos sen precedentes na historia da Deputación pretende incidir na recuperación da economía pontevedresa de xeito inmediato e directo.

O novo plan ReacPon contará con dúas liñas de actuación. A primeira vai dirixida aos concellos e estará dotada con 20 millóns de euros, que se repartirán por concorrencia competitiva. O segundo bloque de diñeiro será xestionado directamente pola Deputación. Serán 27,2 millóns de euros financiados con remanentes e cun nivel de débeda asumible.

Dotarase os concellos de máis equipamentos sostibles, avanzarase na aplicación dos principios e obxectivos da Axenda 2030 no territorio, favorecerase a accesibilidade a espazos e infraestruturas locais, aproveitarase para loitar contra o despoboamento e propiciaranse proxectos encamiñados a favorecer a conectividade e a dixitalización do conxunto de Pontevedra.

En canto aos fondos de xestión directa, a Deputación de Pontevedra buscará a transformación dos servizos e dotacións da institución para a modernización, sostibilidade, dixitalización e restauración ambiental da provincia.

O plan, centrado nos concellos de menos de 50.000 habitantes, farase como sempre por concorrencia competitiva, con bases e criterios obxectivos, e estará aberto a proxectos maduros que contribúan a unha economía descarbonizada e á consecución dos obxectivos fixados na Axenda 2030 e nos fondos europeos.

Buscarase garantir dereitos e servizos nas áreas de coidados de menores, cultura, deporte e dinamización social; despoboamento; a sostibilidade a través da eficiencia enerxética, o saneamento e servizos e instalacións públicas; apostar pola conectividade e a dixitalización e pola accesibilidade aos equipamentos, espazos e infraestruturas locais no medio rural.

Os investimentos centraranse en tres liñas:

  • Rehabilitación de edificios e instalacións municipais para uso social, cultural, turístico e de lecer, de infancia e mocidade, de atención a vítimas de violencia de xénero, de interese patrimonial e os destinados a uso institucional e administrativo
  • Construción de novos equipamentos e dotacións, edificios ou instalacións sostibles e intelixentes, ademais de novas actuacións sostibles para asegurar os servizos que impulsen a cohesión territorial
  • Recuperación, mellora, urbanización ou reurbanización de espazos públicos para darlles un uso plural, amable, e fomentar a estancia e as mobilidades alternativas

Os proxectos concretos que poñerá en marcha a Deputación de Pontevedra inclúen:

  • Restauración ambiental da Xunqueira de Alba (3,1 millóns de €)
  • Melloras nas estradas provinciais (2 millóns de €)
  • Convenios con entidades locais para estas estradas (3,42 millóns de €)
  • Convenios de cooperación cos municipios (3,7 millóns de €)
  • Reinvestimentos de recursos (4,4 millóns de €)
  • Accións no Museo de Pontevedra (4,4 millóns de €)
  • Plan Revitaliza (2,3 millóns de €)
  • Dixitalización e rehabilitación enerxética do Pazo provincial (600.000 €)
  • Mellora enerxética do CEIP Daría González (1,145 millóns de €)
  • Mellora das edificacións do CIPF (máis de 300.000 €)
  • Novos servizos GES en Redondela, Mos, A Lama e A Cañiza (preto de 340.000 €)
  • Cuberta da Escola de Cantería (380.000 €)
  • Melloras na Finca Mouriscade (137.000 €)
  • Investimentos, estudos e traballos en infraestruturas transfronteirizas (150.000 €)
  • Mellora do parque móbil (133.000 €)
  • Accións medioambientais de loita contra os plásticos (117.000 €)
  • Material para a implantación do teletraballo (173.000 €)
  • Facultade Ágora (100.000 €)
  • Mellora de espazos turísticos (100.000 €)
  • Proxectos para a promoción da lingua e o patrimonio (50.000 €)
  • Aposta polo cinema como elemento dinamizador do turismo (30.000 €)
  • Novas accións formativas en materia de emprego (40.000 €)
  • Aposta polos colectivos deportivos de categoría nacional (75.000 €)
  • Campañas de igualdade (60.000 €)
  • Colaboracións con ONG (45.000 €)

Multimedia

 

 

Elementos relacionados

TITULO FIRMA VIXENCIA ENTIDADES E ACHEGAS
Obras de recuperación e mellora do espazo público do núcleo rural de Paraños 13/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 373.500,00 €; Concello de Covelo: 41.500,00 €
Mellora da rúa Vázquez desde o entronque coa rúa Sergio Iglesias Pazos ata o entronque coa travesía Vázquez 2 05/03/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra 596.681,13€, Concello de Vila de Cruces 295.679,41€
Camiño escolar seguro ao CEIP Ramiro Sabell de Ponteareas 08/02/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra 722.645,52 €; Concello de Ponteareas 240.881,84€
Proxecto básico e de execución para unha actuación de mobilidade sostible no ámbito das rúas Saíñas e Puntada 02/02/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra 753.600,00 €; Concello de Poio 188.400,00 €
Remodelación da praza do Calvario 04/02/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra 517.938,05 €; Concello do Rosal 1.000.536,39€
Humanización da rúa Alexandre Bóveda 10/02/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra 722.864,95 €; Concello do Grove 276.523,12€
Humanización da rúa Otero Pedrayo 09/02/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra 905.214,42 €; Concello de Nigrán 686.900,25€
Construción da área de deporte urbano do concello de Mondariz 10/02/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra 392.079,34 €; Concello de Mondariz 43.564,37€
Humanización da contorna do mercado municipal de Seixo 04/02/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra 548.058,39 €; Concello de Marín 182.686,13 €
Reforma da casa da xuventude de Forcarei para usos múltiples 07/03/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra 413.991,18 €; Concello de Forcarei 73.057,27€
Mellora da área do río Bermaña 04/02/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra 492.824,54 €; Concello de Caldas de Reis 86.969,04 €
Reforma e ampliación da Biblioteca Municipal Torrente Ballester de Bueu 17/02/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra 687.419,85€; Concello de Bueu 229.139,95€
Execución de reforma e ampliación do pavillón polideportivo da Sangriña 05/03/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra 609.672,74€; Concello da Guarda 1.260.994,79€
Humanización da rúa Marqués de Viana 31/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 498.000,00 €; Concello de Salvaterra de Miño: 88.867,68 €
Reforma de local na rúa Castelao, 7 para biblioteca municipal 19/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 1.237.629,90 €; Concello de Vilagarcía de Arousa: 530.412,81 €
Rehabilitación do pavillón municipal de deportes de Fornelos de Montes para mellorar a súa eficiencia enerxética 19/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 281.265,40 €; Concello de Fornelos de Montes: 49.635,08 €
Recuperación da praza do Regueiro como espazo público de encontro e cohesión social das veciñas e veciños da Illa de Arousa 14/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 384.631,74 €; Concello de A Illa de Arousa: 1.115.483,16 €
Humanización e mellora peonil da rúa Aviador Gumersindo Areán 20/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 404.704,18 €; Concello de Rodeiro: 44.967,14 €
Humanización da rúa Picota, Praza da Fonte do Mouro e contorna da capela de Santa Mariña 26/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 636.940,79 €; Concello de Redondela: 212.313,59 €
Reordenación funcional da praza Frei Antonio Orge 18/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 419.871,63 €; Concello de Ponte Caldelas: 74.094,99 €
Acondicionamento da praza do Campo, Burgueira 17/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 241.080,71 €; Concello de Oia: 26.786,74 €
A reforma integral da biblioteca municipal e xulgados de Mos en Porteliña, Mos 19/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 361.031,65 €; Concello de Mos: 120.343,88 €
Humanización dun tramo da rúa 6 e camiño ao núcleo rural de Mos 19/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 176.498,21 €; Concello de Moraña: 19.610,91 €
Rehabilitación do edificio do concello vello de Moaña 26/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 870.611,62 € Concello de Moaña: 290.203,88 €
Rehabilitación de centro deportivo para a mellora da eficiencia enerxética e condicións de salubridade 11/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 431.558,17 €; Concello de Meis: 76.157,32 €
Mellora eficiencia enerxética e acondicionamento de pavillón de deportes de Meaño 31/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 360.320,58 €; Concello de Meaño: 90.080,14 €
Ampliación do cemiterio da Romea “Fraga do Alén” - Donramiro 26/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 1.354.769,32 €; Concello de Lalín: 451.589,77 €
Adecuación urbano-sostible na praza Rosalía de Castro e a súa contorna 18/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 666.835,49 €; Concello de Gondomar: 166.708,87 €
Rehabilitación da casa consistorial do concello de Dozón 11/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 333.339,11 €; Concello de Dozón: 72.042,81 €
Reurbanización das rúas Olimpio Arca e Xoán Xesús González 18/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 496.933,38 €; Concello de Cuntis: 81.484,38 €
Humanización da praza Ana Pastor no concello de Crecente 25/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 359.770,45 €; Concello de Crecente: 49.237,69 €
Reforma integral da "Casa do Concello" de Cerdedo Cotobade 25/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 391.991,61 €; Concello de Cerdedo-Cotobade: 97.997,90 €
Rehabilitación da antiga casa consistorial para casa das artes 11/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 381.851,13 €; Concello de Catoira: 67.397,67 €
Remodelación da contorna do paseo Pinzón 14/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 837.119,63 €; Concello de Baiona: 906.887,25 €
Humanización da rúa Travesía Eira da Liñaza 12/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 359.798,96 €; Concello de As Neves: 39.977,66 €
Mellora da seguridade vial na rúa Miguel Carbajal e na estrada da Fraga 26/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 412.033,64 €; Concello de A Lama: 45.781,52 €
Construción de pistas de atletismo na Estrada 11/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 858.000,00 €, Concello de A Estrada: 462.000,00 €
Execución de rehabilitación enerxética da piscina municipal da Cañiza 13/02/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 500.776,16 €, Concello de A Cañiza: 188.272,79 €
Ampliación da casa do concello de Vilaboa 13/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 461.859,85 €, Concello de Vilaboa: 531.974,62 €
Construción de senda peonil e vía ciclable no contorno da Gándara de Campaña. Rehabilitación ambiental do ámbito 20/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 425.778,15 €, Concello de Valga: 75.137,32 €
Proxecto "Espazo Isaura Gómez" 11/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 1.108.423,05 € Concello de Tomiño: 632.163,06 €
Proxecto básico e de execución para a nova casa consistorial de Silleda, Fase I. "Naturalmente noso" 31/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 713.249,55 €, Concello de Silleda: 1.089.643,96 €
Reforma do pavillón polideportivo Baltar - Portonovo 26/01/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra: 803.573,81 €, Concello de Sanxenxo: 267.857,94 €
Obra de reconexión peonil, segura e amable do núcleo urbano de Pontecesures 14/02/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra 330.101,87€, Concello de Pontecesures 36.677,99€
Proxecto básico e executivo de reforma integral para centro cívico 05/03/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra 538.939,30€, Concello de Salceda de Caselas 134.734,82€
Humanización an rúa Antero Rubín e Canónigo Valiño 15/02/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra 717.802,10€ Concello de Tui 179.450,53€
Acondicionamento dun baixo como arquivo municipal 05/03/2022 30/09/2023 Deputación de Pontevedra, 190.864,29€, Concello de Vilanova de Arousa, 63.621,43€

Elementos relacionados

 
		O Rosal xa desfruta da transformación da praza do Calvario, o primeiro proxecto do Plan ReacPon da Deputación finalizado na provincia

O Rosal xa desfruta da transformación da praza do Calvario, o primeiro proxecto do Plan ReacPon da Deputación finalizado na provincia

Carmela Silva: “Este é un exemplo da reactivación da provincia cunha remodelación modelo, tanto pola súa calidade estética como pola súa aposta polos valores históricos e patrimoniais, para ofrecer á veciñanza un espazo de lecer e convivencia”

 
		Redondela comeza as obras do Plan REACPON para humanizar a súa trama urbana e resaltar o paso do Camiño de Santiago

Redondela comeza as obras do Plan REACPON para humanizar a súa trama urbana e resaltar o paso do Camiño de Santiago

O deputado Santos Héctor visita a rúa da  Picota, onde se está desenvolver unha actuación valorada en preto de 850.000 euros cofinanciada pola Deputación

 
		A Deputación fai posible que o edificio da biblioteca e o xulgado de paz de Mos reduza as súas emisións de CO2 máis dun 80%

A Deputación fai posible que o edificio da biblioteca e o xulgado de paz de Mos reduza as súas emisións de CO2 máis dun 80%

O plan provincial ReacPon achega máis de 361.000 euros para a modernización dunhas instalacións que datan do ano 1985