A Estación Fitopatolóxica Areeiro recomenda vixiar a bolboreta do buxo

O centro dependente da Deputación sinala que a climatoloxía case primaveral destes días adiantou a saída da hibernación das eirugas da “Cydalima perspectalis” polo que suxire revisar as plantas

26/02/2022

bolboreta do buxo

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, acaba de lanzar un novo aviso fitosanitario no que recomenda vixiar a “Cydalima perspectalis”, coñecida como a bolboreta do buxo.

Persoal técnico de Areeiro sinala que a climatoloxía case primaveral destas últimas xornadas adiantou, fronte ao pasado ano, a saída da hibernación das eirugas desta especie, que en anos precedentes se producía tamén arredor destas datas ou mesmo antes. Deste xeito, na xornada deste venres observáronse xa as primeiras nas sebes de Areeiro, mentres se realizaba mostraxe para ver se xa estaban en actividade. En todo caso, desde a EFA sinálase que noutras zonas máis soleadas pode haber algunha sintomatoloxía, polo que se recomenda comezar a vixilancia das plantas.

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.