A vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, fai entrega dos premios dos XLV Xogos Intersociais de Vigo e do Torneo Relámpago

16/03/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou no acto de entrega dos premios dos XLV Xogos Intersociais de Vigo e do Torneo Relámpago, os cales cualificou como “un xeito marabilloso de tecer redes interxeracionais e construír unha provincia mellor, máis humana, avanzada e integradora”. No acto, Sánchez remarcou a importancia dos centros culturais, sociais e veciñais na dinamización de actividades na cidade de Vigo: “facedes un traballo ímprobo que nós, desde a Deputación, queremos poñer moi en valor”. Tamén subliñou que “sodes auténticos centros de encontro e estades a construír espazos de socialización e de conciliación familiar, ademais de desempeñar un papel decisivo para evitar tamén a soidade non desexada e fomentar a participación social ao ofrecerlle á cidadanía un amplo abano de actividades adaptadas ás súas necesidades”.