Luis López coñece as novas instalacións de Cáritas en Vilagarcía de Arousa na inauguración do comedor social

20/09/2023

Novas instalacións de Cáritas en Vilagarcía de Arousa
Novas instalacións de Cáritas en Vilagarcía de Arousa

 

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, tivo a oportunidade de coñecer e percorrer as novas instalacións do Centro de Atención Primaria e Comedor Social que Cáritas acaba de poñer en marcha en Vilagarcía de Arousa.

O mandatario provincial participou este mércores no acto inaugural do centro acompañado polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda; a conselleira de Política Social, Fabiola García; a tenente de alcalde de Vilagarcía de Arousa, Tania García; e o presidente de Cáritas Española, Manuel Bretón.