A deputada de Infraestruturas Públicas, Isabel Couselo, reúnese co alcalde de Meaño para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila

04/04/2024

Isabel Couselo reúnese co alcalde de Meaño

A deputada de Infraestruturas Públicas, Mobilidade e Contratación, Isabel Couselo, mantivo unha xuntanza de traballo co alcalde de Meaño, Carlos Viéitez, para analizar a situación das estradas provinciais ao seu paso pola vila. Nesta primeira toma de contacto, a deputada provincial coñeceu as demandas do Goberno local de Meaño en canto ao viario provincial que atravesa o concello.