Luis López estreita lazos coa comunidade pontevedresa de Bos Aires nun almorzo no Centro Cultural da Estrada co que dá comezo á axenda da viaxe institucional á Arxentina

O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e o deputado Jorge Cubela, apela á “galeguidade universal” diante de preto de 200 persoas de distintos colectivos que demostran a pegada da comunidade galega na Arxentina

23/11/2025

O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e o deputado Jorge Cubela

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, estreita lazos coa comunidade pontevedresa residente en Bos Aires nun encontro con preto de 200 persoas pertencentes a distintos colectivos do eido social e cultural ligadas á emigración pontevedresa na capital arxentina que tivo lugar no Centro Cultural do Partido da Estrada. Unha emotiva xuntanza coa que o mandatario provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e do deputado de Cultura, Jorge Cubela; inicia unha serie de actos institucionais en Bos Aires e Montevideo que ten na sinatura da cesión temporal do cadro “A derradeira lección do mestre”, de Castelao en favor do Museo de Pontevedra por parte do Centro Galicia de Bos Aires prevista para este luns.

“Esta é unha demostración da fortaleza da galeguidade, a demostración dos lazos que, malia o paso do tempo e das xeracións, seguen mantendo unidos aos galegos de Galicia e aos galegos da Arxentina. ”Sexa coa nacionalidade española, coa nacionalidade arxentina ou coa dobre nacionalidade, todos contribuímos a construír unha galeguidade máis forte: unha galeguidade universal”, afirmou o dirixente nun encontro no que ademais dos integrantes do Centro Cultural do Partido da Estrada tamén estiveron presentes representantes dos colectivos de emigrantes de Lalín, Rodeiro, Tui, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño, Mos, Vila de Cruces, O Grove, Val Miñor, Vigo ou Ribadumia, así como doutros colectivos de orixe galega como son a Sociedade de Arantey, de Vilamarín, da Peroxa, do Centro Galicia, do Centro Gallego de Avellaneda, da Casa Galicia e do Fogar Galego para Anciáns. Unha recepción que fixo de Bos Aires unha pequena representación da provincia ao plasmar costumes e tradicións galegas como actuacións de gaiteiros, dun coro e un baile. Unha festa de benvida que rematou cun intercambio de agasallos institucionais.

Neste sentido, o mandatario provincial puxo en valor a determinante achega da comunidade pontevedresa de Arxentina ao crecemento tanto da provincia de Pontevedra como do conxunto de Galicia. “A nosa terra é hoxe un dos territorios con maior calidade de vida de España grazas a quen puxo o seu gran de area, e algo máis, desde fóra. A Galicia do atraso que tiveron que deixar miles de galegos é hoxe unha terra de oportunidades, con futuro e que todo o mundo desexa coñecer e abandeirar. Hoxe, o soño do progreso galego dos nosos antepasados converteuse en realidade. Galicia é ao fin un lugar de oportunidades á que todas e todos contribuímos, grazas a vostedes. Esta terra non vos espera, porque esa terra é vosa”, remarcou Luis López para demostrar o respecto e afecto que a cidadanía da provincia lle ten a todos os seus veciños da Arxentina.

Sinatura da cesión do cadro de Castelao

A axenda institucional do presidente Luis López e dos demais integrantes da comitiva pontevedresa continuará este luns co acto oficial de sinatura de cesión do cadro “A derradeira lección do mestre”, que terá lugar a primeira hora da tarde deste luns no emblemático Campo Galicia. Un acto no que participarán representantes do Centro Galicia de Bos Aires, encabezados polo seu presidente Jose María Vila Alén; e, por parte da Deputación; estará o presidente Luis López, o vicepresidente Rafa Domínguez, o deputado Jorge Cubela e a directora do Museo de Pontevedra, Ángeles Tilve. A xornada inclúe un almorzo cos integrantes do colectivo que é titular desta pintura; unha visita ao museo MEGA, o Museo da Emigración Galega na Arxentina; e, finalmente, un novo encontro con colectivos da provincia no Centro Lalín.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":14068148,"groupId":"37861","name":"20251124_LuisLopez_CentroLalin_BosAires-2.jpeg","alt":"LUIS LÓPEZ no ENCONTRO CENTRO LALÍN BOS AIRES","title":"20251124_LuisLopez_CentroLalin_BosAires-2.jpeg","type":"document","uuid":"488c8e80-eb6e-a07f-46ab-a7f3bec7bbf2","fileEntryId":"14068148","resourcePrimKey":"14068173"}

Luis López enxalza o compromiso pola protección e difusión da cultura galega na Arxentina que realizan a diario os colectivos de galegos residentes en Bos Aires

  24/11/2025

{"classPK":14067423,"groupId":"37861","name":"20251124_LuisLopez_CentroGalicia_SinaturaCadroCastelao-1.jpeg","alt":"O presidente provincial asina co director de Centro Galicia de Bos Aires, José María Vila Alén","title":"20251124_LuisLopez_CentroGalicia_SinaturaCadroCastelao-1.jpeg","type":"document","uuid":"554ac375-7f8b-7d1d-7b42-37de48a25ecb","fileEntryId":"14067423","resourcePrimKey":"14067531"}

Luis López pecha en Bos Aires a cesión do cadro de Castelao “A derradeira lección do mestre” para expoñelo no Museo de Pontevedra por primeira vez na historia

  24/11/2025

{"classPK":14067294,"groupId":"37861","name":"20251124_LuisLopez_CentroGalegoBosAires-3.jpeg","alt":"Luis López, visita o Centro Gallego de Bos Aires","title":"20251124_LuisLopez_CentroGalegoBosAires-3.jpeg","type":"document","uuid":"83e0cdc0-c986-7064-8a86-c1e2b4d0f053","fileEntryId":"14067294","resourcePrimKey":"14067341"}

Luis López visita o Centro Galego de Bos Aires, un centro de referencia para a emigración e a comunidade galega de Arxentina

  24/11/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.