Luis López visita o Centro Galego de Bos Aires, un centro de referencia para a emigración e a comunidade galega de Arxentina
24/11/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visita o Centro Gallego de Bos Aires, un centro de referencia para a emigración e a comunidade galega de Arxentina. Acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez e o deputado de Cultura, Jorge Cubela; e de Ramón Suárez, presidente da entidade; o mandatario provincial percorreu as instalacións do edificio no que faleceu Castelao no ano 1950, incluída a súa habitación, a biblioteca histórica e a colección artística ligada ao galeguismo que atesoura este Centro Galego de Bos Aires.




