Luis López recibe en Marín a medalla como presidente de honra do Padroado de San Miguel

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu este domingo no salón de plenos do Concello de Marín o diploma e a medalla como presidente de honra do Padroado de San Miguel durante os actos en honor ao patrón de Marín.

01/10/2023

O mandatario agradeceu o nomeamento e amosou a súa satisfacción por formar parte dun cadro de honra encabezado polo rei Filipe VI e numerosas persoas de gran relevancia para a cultura marinense.

Despois do acto institucional, o presidente asistiu á tradicional Danza das Espadas en compañía da deputada provincial e alcaldesa de Marín, María Ramallo

Galerias de imaxes