Luis López recoñece a traxectoria dos vinte traballadoras e traballadores da Deputación que se xubilaron este ano no tradicional petisco do Nadal no Pazo provincial

22/12/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recoñeceu este venres, durante a celebración do tradicional pincho de Nadal que organiza o organismo provincial cada ano por estas datas, a traxectoria, o esforzo e a dedicación das vinte traballadoras e traballadores da Deputación que se xubilaron este ano. “Celebramos a xubilación de vinte persoas, vinte traballadores desta casa que dedicaron boa parte da súa vida a facer máis provincia”, declarou o mandatario provincial, quen lle brindou tamén un sentido recordo, en nome de toda a Deputación, ao traballador do Museo falecido este ano, Manuel Villaverde.

O acto rematou coa entrega de premios de decoración do Nadal, que contou coa implicación das e dos traballadores de todos os servizos que alberga o Pazo provincial.