O deputado provincial Javier Tourís participou na apertura da Feira de Oportunidades de Cambados

11/08/2023

O deputado provincial Javier Tourís participou esta mañá na apertura da Feira de Oportunidades de Cambados, que reúne desde hoxe e ata o domingo 13 de agosto no Paseo da Calzada a 27 establecementos comerciais deste concello, en horario de 11:00 a 23:00 horas. Tourís e o resto de autoridades presentes realizaron un percorrido polas empresas expositoras, que ofrecen nesta feira obxectos de decoración, roupa ou artigos de deportes, entre outros produtos.