Rafa Dominguez asiste aos actos do Día da Policía

02/10/2023

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu esta tarde aos actos organizados con motivo do Día da Policía no centro social de Afundación en Pontevedra, presididos pola subdelegada do Goberno en funcións na provincia de Pontevedra, María Isabel Alonso. Durante o acto tivo lugar a imposición de condecoracións e entrega de placas, estas últimas obsequiadas pola institución provincial.