Reunión do Vicepresidente Rafa Domínguez con representantes da Fundación Castelao

30/08/2023

Reunión do Vicepresidente Rafa Domínguez con representantes da Fundación Castelao

 

No marco dos diferentes encontros con colectivos da provincia que está a manter como novo responsable de Memoria Democrática na Deputación de Pontevedra, o vicepresidente Rafa Domínguez mantivo unha reunión no Pazo Provincial con representantes da Fundación Castelao. Trátase da primeira vez que esta entidade é recibida na institución provincial e no transcurso da sesión, Domínguez e os responsables da Fundación abordaron a posibilidade de establecer futuras liñas de colaboración e traballo conxunto. Nestas accións prevese que o Museo de Pontevedra poida ter un papel relevante.

Galerias de imaxes

audios