O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, asiste ao encontro conxunto que realizarán cinco grupos da rede internacional BNI

12/09/2023

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de asistir no Liceo Casino de Pontevedra á reunión de cinco grupos da rede de networking internacional BNI da provincia de Pontevedra: BNI PTV Milenium (organizadora do evento), BNI PTV Pindo, BNI PTV Bitácora, BNI PTV Silgar e BNI PTV Intercom. O vicepresidente, responsable tamén da área de impulso ao emprego, asegurou que “sodes o exemplo do peso que ten o tecido empresarial desta provincia” e salientou “a importancia de establecer sinerxías no sector público e privado”. Domínguez asegurou que “a aposta pola promoción económica e a xeración de riqueza é un dos principais eixos de traballo deste goberno, e farémolo apoiando as empresas para que se asenten na provincia e xeren emprego”.

Galerias de imaxes