Xornada

Conta con nós

Educación e Benestar emocional. Creando espazos saludables

Desde a Cruz Vermella, e coa colaboración da Deputación de Pontevedra, este 2025 desenvolveremos o programa "Conta con nós de educación emocional", que ten como finalidade promover a sensibilización e a prevención relacionadas con esta cuestión para fortalecer e manter un benestar emocional saudable entre a poboación da provincia de Pontevedra.


A II Xornada Conta con Nós está dirixida á comunidade educativa e social, é dicir, o profesorado, as familias, o alumnado ou as e os profesionais do eido social e de entidades sociais, e ten o obxectivo de poñer no centro o benestar emocional das e dos máis pequenos no contexto actual que vai mudando a gran velocidade.

Esta acción, encadrada dentro do programa "Conta con nós de educación emocional", pretende ser un punto de encontro participativo, próximo e útil, onde as e os asistentes poidan compartir as súas propias experiencias e os recursos prácticos arredor das emocións e da educación en tempos de redes. Ao mesmo tempo, busca dar a coñecer o programa e seguir establecendo contactos con todas aquelas persoas e entidades que traballan por unha infancia emocionalmente saudable.

A ligazón para inscribirse é a seguinte: https://forms.office.com/e/UbScLpuhW2

Programa:

Mércores 5 de novembro, no Pazo provincial, Pontevedra

  • 9:00 h Recepción de asistentes.
  • 9:15 h Benvida a cargo da deputada de Benestar Social e Igualdade, Paula Bouzós Barros. Presentación da xornada e dos relatorios.
  • 9:30 h "Axudando a medrar cando cambian os marcos"
    Xandre García Caballero. Psiquiatra e coordinador de programas de prevención en saúde mental do Sergas. Especialista en saúde mental infanto-xuvenil e promotor en Galicia do programa internacional YAM de prevención do suicidio en adolescentes.
  • 10:30 h "Estratexias para mellorar o benestar emocional na infancia"
    Begoña Ibarrola. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade Complutense de Madrid, conta cunha ampla traxectoria formando a profesorado e familias. É autora de máis de 270 contos infantís centrados na intelixencia emocional, traducidos a múltiples idiomas. A súa obra e labor divulgativo foron recoñecidos con diversos premios polo seu compromiso co benestar emocional da infancia.
  • 11:30 h Descanso.
  • 12:00 h Actividade demostrativa con cans de terapia
    IncrescenTO. Equipo multidisciplinar de profesionais da saúde especializados en terapia ocupacional asistido por cans para mellorar a calidade de vida de persoas con trastornos de neurodesenvolvemento, TDAH ou autismo. Colaboran coa Universidade da Coruña e desenvolven programas innovadores en contornas clínicas e educativas, cos que demostran o impacto positivo do vínculo entre humanos e animais.
  • 13:00 h Clausura.