Luisa Sánchez anuncia que as visitas guiadas ao Teatro Cine Fraga comezarán o 15 de outubro con tres quendas semanais e grupos reducidos para optimizar a experiencia

Un guía titulado acompañará a un máximo de quince asistentes por quenda todos os mércores ás 12.30, 16.00 e 17.00 horas

08/10/2025

Luisa Sánchez e José López Campos

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, vén de anunciar que as visitas guiadas ao Teatro Cine Fraga comezarán o 15 de outubro con tres quendas semanais e grupos reducidos de quince persoas para “optimizar a experiencia” dos asistentes. A partir desa data, que marcará un “fito” na historia deste emblemático inmoble, as visitas prolongaranse durante todos os mércores.

“Será o primeiro día en 24 anos que a cidadanía viguesa poida entrar no Teatro Cine Fraga. Un lugar que nos evoca moitas lembranzas e que, con toda probabilidade, espertará emocións en quen acuda a esas visitas”, valorou a representante provincial durante a rolda de prensa ofrecida este mércores na sede viguesa da Deputación xunto ao conselleiro de Cultura, José López Campos.

Pola súa banda, o responsable autonómico valorou esta iniciativa como “a xusta correspondencia á xenerosa implicación e entusiasmo da cidadanía na recuperación deste espazo emblemático para convertelo nun centro cultural pioneiro e referente na comunidade galega e no noroeste peninsular”.

Segundo informou Luisa Sánchez, as reservas poderán tramitarse a través dun número de teléfono de uso exclusivo (986 118 227), que permanecerá operativo de luns a venres de 10.00 a 15.00 horas. As persoas interesadas en acudir terán a opción de escoller entre tres horarios diferentes: 12.30, 16.00 e 17.00 horas. Os asistentes, en compañía dun guía titulado, farán parada en catro espazos do inmoble para afondar na historia deste edificio de máis de 7.000 metros cadrados incluído no Patrimonio Cultural de Galicia e ideado hai máis de 80 anos por encargo de Isaac Fraga Penedo.

“Estabamos desexando dar esta noticia. Comezamos coas visitas guiadas ao Teatro Cine Fraga. Moita xente na cidade preguntábame por elas. Xa están aquí. Cumprimos outro compromiso”, apuntou Luisa Sánchez. Nesa mesma liña, José López Campos subliñou que este programa de visitas “era un propósito en mente desde a adquisición do inmoble, pendente de que existisen unhas condicións axeitadas para levalo a cabo”.

Inicialmente, durante o mes de outubro, a actividade estará destinada ás persoas que se involucraron, xa fose de xeito presencial ou por correo electrónico, no proceso participativo que abriron a Deputación de Pontevedra e a Xunta de Galicia. Todas elas recibirán un convite esta semana para poder asistir. A continuación, a partir de novembro, abriranse as visitas ao conxunto da cidadanía.

Deputación e Xunta devolven o Teatro Cine Fraga á cidade. Sempre tivemos claro que había que recuperar o Fraga, pero abríndoo aos vigueses incluso antes da reforma. E así o imos facer”, rematou a vicepresidenta provincial, quen recordou que o arquitecto César Portela será o encargado da redacción do proxecto de recuperación tras serlle adxudicada hai dúas semanas. “Antes de que as obras dean comezo, todo aquel que o desexe vai poder coñecer os primeiros pasos do chamado a ser un dos epicentros culturais da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”, engadiu o conselleiro de Cultura.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":14088367,"groupId":"37861","name":"20251128_pleno_rafaestevez_03.jpg","alt":"Pleno da deputación","title":"20251128_pleno_rafaestevez_03.jpg","type":"document","uuid":"802ffc25-1348-3678-d6e1-e136951b3869","fileEntryId":"14088367","resourcePrimKey":"14088400"}

O Pleno da Deputación aproba o convenio para rehabilitar o Teatro Cine Fraga de Vigo cun investimento de 10,2M€ repartidos ao longo dos vindeiros catro anos

  28/11/2025

{"classPK":13922533,"groupId":"37861","name":"20251105_luisa-sanchez_fraga.jpeg","alt":"Luisa Sánchez no Teatro Cine Fraga","title":"20251105_luisa-sanchez_fraga.jpeg","type":"document","uuid":"f3cf9fed-c208-3524-2e05-5eb4e3ac39f2","fileEntryId":"13922533","resourcePrimKey":"13922575"}

Luisa Sánchez anuncia que se duplicarán as visitas guiadas ao Teatro Cine Fraga ante a “excepcional resposta da cidade” que esgotou a totalidade das prazas ofertadas ata o verán

  05/11/2025

{"classPK":13776954,"groupId":"37861","name":"20251510_primeiras_visitas_fraga_01_jphilippot.jpeg","alt":"A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, xunto co conselleiro de Cultura, José López Campos","title":"20251510_primeiras_visitas_fraga_01_jphilippot.jpeg","type":"document","uuid":"2a23581b-2f88-33c6-f633-da2793ef137f","fileEntryId":"13776954","resourcePrimKey":"13772719"}

Luisa Sánchez valora a “excepcional resposta” da cidade para participar nas visitas guiadas como a “ratificación” de que Vigo avala a recuperación do Teatro Cine Fraga

  15/10/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 7 resultados.