Luis López salienta a inxección de 1M€ da Deputación para facer “máis sustentable, accesible e cómodo” o Edificio Sinde, a base do tecido asociativo da Guarda

O presidente provincial, acompañado polo alcalde e deputado Roberto Carrero, visita as obras de reforma integral que se están a executar no Bloque I do Edificio Sinde ao abeiro do programa provincial PON2030

05/02/2025

Luis López

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este mércores as obras de rehabilitación reforma integral do Bloque I dos Edificios Sinde de A Guarda para adecualos para uso social. Unha intervención integral que é froito da colaboración entre as administracións provincial e municipal a través do programa PON2030 que supón o investimento de máis de un millón de euros, financiados integramente pola Deputación. Acompañado polo alcalde e deputado responsable de Cooperación Transfronteiriza, Roberto Carrero; o mandatario provincial percorreu o inmoble que, ao remate das obras, seguirá funcionando como punto de encontro para distintas asociacións locais pero con mellores equipamentos e maior comodidade. “Non hai moito tempo estabamos asinando o alcalde e máis eu o convenio de saída para poder executar este proxecto. Hoxe estamos nesta visita que é unha mostra do que facemos na Deputación, que é cumprir coa palabra. Cumprimos cando se executa unha obra que asinamos, cando colaboramos co Concello da Guarda para executar un proxecto destas características e cando poñemos a disposición da veciñanza instalacións e servizos para atender as súas necesidades”, afirmou o titular do goberno da Deputación.

A obra inclúe a redistribución dos espazos interiores de maneira que se reducen as grandes salas por novos espazos adecuados para acoller a actividade de novos colectivos. Aínda así, seguirán existindo salas diáfanas e multiusos de uso compartido, así como unha mellora completa das instalacións sanitarias. Por outro lado, no exterior do edificio estase a proceder á renovación das carpinterías e o cambio da cuberta para mellorar a eficiencia enerxética do edificio. A través dun convenio de colaboración enmarcado no programa provincial PON2030, a Deputación asumiu a financiación do 70 % do orzamento, uns 710.000 euros, mentres que o 30 % restante (328.000€), correspondente inicialmente ao Concello, achégao tamén o ente provincial a través do Plan +Provincia. “Poñemos á disposición da veciñanza un edificio renovado, máis accesible, máis sustentable e máis confortable”, subliñou o presidente López.

Na tramitación desta reforma integral tivo un papel fundamental o alcalde Roberto Carrero. “Para chegar a este punto hai un artífice”, recoñeceu o presidente o labor do rexedor, ao que felicitou “ polo traballo que está a realizar na Guarda”, así como no conxunta da provincia á fronte da área de Cooperación Transfronteiriza “á que lle está a dar un vuelco no impulso a proxectos útiles para este e o outro lado da raia”. Pola súa banda, o alcalde Roberto Carrero agradeceu a implicación da Deputación para facer realidade un proxecto que fará da Guarda “un referente na comarca do Baixo Miño”.

Unha colaboración entre a Deputación e o Concello da Guarda que está garantida para este ano 2025, no que o Concello poderá recibir ata un total de 1,6 millóns de euros a través de programas de Cooperación como o +Provincia, do que lle corresponden 746.000 euros; da segunda edición do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, polo que recibirá 138.000 euros; ou do Plan Extra, polo que poderá percibir ata un máximo de 700.000 euros.

Galerias de imagenes

Noticias relacionadas

{"classPK":12413217,"groupId":"37861","name":"20250317_meano_rafaestevez_09.jpg","alt":"Luis López visitou o Concello de Meaño ","title":"20250317_meano_rafaestevez_09.jpg","type":"document","uuid":"632f9fbb-7a2b-bca0-e790-7239cf99548a","fileEntryId":"12413217","resourcePrimKey":"12413269"}

Luis López celebra que os concellos destinen os recursos da Deputación á mellora da xestión do lixo e pon o exemplo de Meaño coa compra dun camión de última xeración

  17/03/2025

{"classPK":12088763,"groupId":"37861","name":"20250204_luislopez_pavillon_marin_jphilippot_04.jpg","alt":"Luis López inaugura en Marín a reforma do pavillón da Cañota","title":"20250204_luislopez_pavillon_marin_jphilippot_04.jpg","type":"document","uuid":"f9c37e9f-e0f2-a321-2ca8-4d0e395ec588","fileEntryId":"12088763","resourcePrimKey":"12088921"}

Luis López inaugura en Marín a reforma do pavillón da Cañota: un impulso de 660.000€ que afonda na aposta da Deputación por unhas instalacións deportivas de primeira

  05/02/2025

{"classPK":11962268,"groupId":"37861","name":"20250115_alama_rafaestevez_03.jpg","alt":"Inauguración da humanización da rúa Alameda en A Lama","title":"20250115_alama_rafaestevez_03.jpg","type":"document","uuid":"6278d566-3793-ebb8-0d17-429eee83ac84","fileEntryId":"11962268","resourcePrimKey":"11962309"}

Luis López salienta o investimento de máis de 330.000 euros por parte da Deputación para a transformación do casco urbano da Lama

  15/01/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.