Rafa Domínguez asiste ao faladoiro do Rotary Club de Pontevedra protagonizado por Xosé Luis Barreiro Rivas

07/05/2025

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de asistir no Museo de Pontevedra á segunda Tertulia Rotaria que foi protagonizada por Xosé Luis Barreiro Rivas. Domínguez, quen recordou que Barreiro é natural da provincia de Pontevedra, concretamente de Forcarei, remarcou a importancia do tema do faladoiro, no que se afondou na crise do sistema democrático para dar as claves para a súa detección e as súas causas. Neste eido, o vicepresidente provincial puxo en valor o papel das administracións públicas “como garantes da democracia, amosando que o sistema funciona e ten capacidade para sobrevivir ás crises”.

Galerias de imagenes