O vicepresidente Rafa Domínguez participa na homenaxe ao poeta Carlos Oroza no Centro Integrado de Formación Profesional de Pontevedra que leva o seu nome

08/03/2024

 Homenaxe ao poeta Carlos Oroza

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no acto de homenaxe ao poeta Carlos Oroza no Centro Integrado de Formación Profesional que leva o seu nome en Pontevedra.  Durante o acto, o vicepresidente puxo en valor a dobre iniciativa organizada para renderlle homenaxe ao escritor, unha exposición e un percorrido gastronómico que “estou seguro non deixará a ninguén indiferente”. Tamén aproveitou para loar a figura de Oroza, “unha das grandes figuras da nosa cultura, das nosas letras, ao que Francisco Umbral bautizou como `bohemio dos sesenta e poeta maldito do madrileño café Gijón´, que ben merece toda a nosa atención”, e para poñer en valor o compromiso do Goberno provincial coa cultura, “que nos está a referenciar en todo o mundo”.

Ademais do vicepresidente provincial, participaron no acto o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, o xefe territorial da consellería de Educación, César Pérez, o concelleiro Demetrio Gómez, o presidente da Asociación Cultural Évame Oroza, Xabier Romero, e o director do centro educativo, Manuel Hermo.

Galerias de imagenes