O deputado provincial Javier Tourís participa en Vilagarcía na homenaxe da Asociación Mesa das Verbas a Xesús Alonso Montero

12/04/2024

O deputado provincial Javier Tourís acaba de participar en Vilagarcía na homenaxe da Asociación Mesa das Verbas a Xesús Alonso Montero, a quen esta entidade nomeou socio de honra. Trátase dun dos actos enmarcados no programa da Deputación de Pontevedra “Culturea” que serviu, ademais, para enxalzar a figura dunha das figuras máis sobranceiras e cun “intenso labor a prol do noso idioma”. Neste eido, o deputado recordou os máis de 50 libros que ten publicado Montero, entre os que destacou o “Informe dramático”, e o seu papel como profesor universitario e catedrático de Lingua e Literatura ou como director da Real Academia Galega.

Ademais, Javier Tourís aproveitou a oportunidade para amosar a vontade da Deputación de “incentivar, promocionar, protexer e coidar a nosa lingua, pois trátase dun dos activos máis importantes da nosa cultura e identidade”.