Luis López corta a cinta que lle dá inicio á etapa decisiva da proba ciclista O Gran Camiño entre Ponteareas e Tui

25/02/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este domingo no protocolario acto de corte de cinta que lle deu inicio á cuarta e derradeira etapa da carreira ciclista O Gran Camiño, que comezou no centro de Ponteareas e rematou no alto do monte Aloia, en Tui. O mandatario provincial estivo acompañado pola alcaldesa de Ponteareas e deputada provincial de Turismo, Nava Castro; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; e o organizador da competición, Ezequiel Mosquera.

Esta proba, que reúne os mellores ciclistas do pelotón mundial, conta co apoio da Deputación, que achega 110.000 euros para colaborar na organización da carreira. Luis López remarcou o compromiso do Goberno provincial co deporte, o complemento ideal dun destino turístico sostible e natural coma As Rías Baixas.

Galerias de imagenes

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 4 resultados.