O deputado provincial Javier Tourís reúnese con Augas de Galicia para abordar un proxecto sobre as traídas de auga

05/03/2024

Javier Tourís reúnese con Augas de Galicia

O deputado provincial Javier Tourís acaba de reunirse en Santiago de Compostela con responsables de Augas de Galicia. Trátase da primeira xuntanza para explorar as vías de colaboración entre a institución provincial e a Xunta de Galicia en relación cun proxecto pioneiro que se vai poñer en marcha para mellorar as traídas de auga. Durante o encontro, Tourís aproveitou a ocasión para remarcar a importancia da cooperación entre ambas as institucións en favor das comunidades de usuarios de auga da provincia de Pontevedra.