Luis López asiste en Vilagarcía ao acto de celebración do 25 aniversario do Hospital do Salnés
14/05/2026

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, xunto coa vicepresidenta Luisa Sánchez e o deputado Javier Tourís; vén de asistir este xoves ao acto de conmemoración do 25 aniversario do Hospital do Salnés celebrado no auditorio municipal de Vilagarcía de Arousa. Unha celebración na que os asistentes visionaron un vídeo que resume o cuarto de século de historia deste centro sanitario e que rematou coa intervención institucional do presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.