Luis López asiste en Marín á homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no segundo aniversario do naufraxio

17/02/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, asistiu este sábado ao acto de homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo. O pasado 15 de febreiro cumpríronse dous anos da traxedia na que perderon a vida 21 tripulantes deste pesqueiro con base en Marín.

No paseo marítimo Alcalde Antonio Blanco, ao carón da placa en recordo aos mariñeiros, o mandatario provincial acompañou as familias para honrar a memoria dos 21 tripulantes falecidos.

Galerias de imagenes