Luis López asiste aos actos de celebración das festas patronais de San Xoán en Poio
24/06/2026
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, vén de participar este mércores nos actos de celebración das festas patronais de San Xoán que organiza cada ano o Concello de Poio. O mandatario provincial tomou parte da recepción oficial no Concello para asistir a continuación á tradicional misa e procesión pola contorna do mosteiro de Poio.
Coa súa participación nesta cita ineludible do calendario festivo da provincia, o mandatario provincial amosa o compromiso da Deputación coas tradicións nos concellos, especialmente con festas tan arraigadas e multitudinarias como o San Xoán en Poio.