Luis López destaca o traballo de investigación sobre o cancro do doutor Mariano Barbacid durante a recepción na Deputación para firmar no libro de honra

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, recibiu no seu despacho do Pazo provincial o doutor Mariano Barbacid, experto na investigación sobre o cancro. O mandatario conversou no seu despacho co doutor Barbacid, co reitor da UNED, Ricardo Mairal, e co director da UNED en Pontevedra, Víctor Manuel González.

20/10/2023

Durante o encontro, o dirixente provincial expresou a súa admiración pola traxectoria e polo traballo do doutor, entregoulle un obsequio institucional e convidouno a asinar no libro de honra da Deputación de Pontevedra.

Galerias de imagenes