Luis López participa na entrega de premios da regata de remo Miño Internacional celebrada en Tui

20/01/2024

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, participou este sábado no acto de entrega de premios da XLIII Regata Miño Internacional-XIX Copa Presidencia Deputación de Pontevedra, que se celebrou no río Miño ao seu paso polo concello de Tui. O mandatario provincial puxo en valor a elevada participación desta tradicional proba de remo e destacou a importancia que ten a auga, tema central da nova campaña de Turismo Rías Baixas, como principal atractivo dun destino turístico sostible e ideal para para practicar deportes coma o remo.

Galerias de imagenes