Luis López será o encargado de realizar a ofrenda á Virxe das Dores, patroa de Lalín, este domingo
O mandatario provincial asume por primeira vez este encargo como presidente da Deputación de Pontevedra
20/09/2025
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, será o encargado de realizar a ofrenda institucional á patroa de Lalín, a Virxe das Dores, este domingo 22 de setembro ás 12:00 horas na igrexa parroquial de Lalín.
Será a primeira vez que Luis López teña esta encomenda como presidente da Deputación de Pontevedra. A ofrenda terá lugar durante a celebración dos actos litúrxicos, que constarán dunha misa amenizada pola Coral de Lalín, seguida da tradicional procesión acompañada pola Banda de Música de Lalín.
Na súa ofrenda á Virxe das Dores, o mandatario provincial apelará, como veciño de Rodeiro, ao orgullo de pertencer á comarca do Deza e tamén pedirá o amparo da virxe para superar "con unión" retos actuais e de futuro como a ferida dos lumes, a perda de poboación, o impulso da economía local e provincial ou a estabilidade nos gobernos.