Luis López presenta a Cátedra do Deporte, unha alianza entre a Deputación e a Universidade de Vigo para estender a provincia do deporte ao eido do coñecemento

O presidente provincial, acompañado polo vicepresidente Rafa Domínguez, salienta a colaboración coa Universidade de Vigo para mellorar a calidade de vida dos deportistas a través dun programa sobre deporte e lesións no que a Deputación inviste 50.000€

22/09/2025

Luis López presenta a Cátedra do Deporte

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presenta a Cátedra do Deporte, unha nova iniciativa do organismo provincial en materia deportiva para engadir, en colaboración coa Universidade de Vigo, o eido do coñecemento á provincia do deporte. Na Casa das Campás deuse a coñecer este luns o contido dun programa que xira arredor da prevención e o tratamento de lesións nos deportistas e inclúe unha mesa redonda, un congreso e un estudo. “Hoxe damos un novo paso adiante para ser tamén a provincia do deporte no ámbito do coñecemento e a mellor forma de conseguilo non podía ser outra que a alianza cunha institución coma a Universidade de Vigo”, afirmou o mandatario provincial, acompañado neste acto polo vicepresidente Rafa Domínguez e a directora de deportes da Deputación, Xisela Aranda.

A través dun convenio de colaboración, a Deputación achega 50.000 euros para a posta en marcha desta Cátedra do Deporte. Un evento que se inaugura este venres na Casa das Campás cunha mesa redonda na que participarán o triatleta pentacampión do mundo, Javier Gómez Noya; a mellor nadadora de España na especialidade de salvamento, Antía García; a medallista olímpica e actual seleccionadora nacional de natación artística, Andrea Fuentes Fache; e a sete veces campioa de España de squash e actual directora de deportes da Deputación, Xisela Aranda. Unha conversa sobre o deporte e as lesións que estará moderada pola deportista e xornalista Sara Tabares. O evento comezará ás 19.30 horas e os interesados en asistir poden reservar a súa praza a través do formulario desta ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScY28QpJTqx9k1AeG1acuex4p3dvRdDpnx6OoRFc15sE46qBA/viewform?pli=1. Entre o 13 e o 14 de novembro terá lugar en Pontevedra o primeiro congreso internacional de fisioterapia no deporte feminino e entre os deportistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva levarase a cabo un estudo científico para mellorar o rendemento e reducir a incidencia das lesións.

“Tendemos coa Universidade de Vigo, que é referencia a nivel mundial na investigación, socio indispensable para promover hábitos de vida saudable e unha mina inesgotable de grandes profesionais”, salientou o presidente Luis López nun acto no que tamén participou o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa. “É unha acción que busca fomentar a práctica do deporte e os hábitos de vida saudables entre toda a poboación, sen importar idade ou orixe; e unha proposta innovadora e de calidade que situará esta provincia nos grandes mapas da investigación e a divulgación dos beneficios da actividade física”, engadiu o mandatario provincial.

A posta en marcha desta Cátedra do Deporte supón un novo paso adiante na aposta do goberno provincial pola provincia do deporte, que vai máis aló da traxectoria dos deportistas e clubs da provincia, da acollida de grandes eventos deportivos ou da mobilización por parte da Deputación de preto de 20M€ para mellorar as instalacións deportivas da provincia, recalcou López. Para avanzar no eido do coñecemento ligado ao deporte, o mandatario provincial fixo fincapé tamén na importancia de establecer alianzas con outras administracións como a Universidade ou o CGTD que permitirán “mellorar a calidade de vida da veciñanza, neste caso dos deportistas”. Ademais, a posta en marcha deste programa será tamén un revulsivo a nivel turístico. “Coa celebración de eventos fora do verán, incidimos nun camiño do turismo sustentable, desestacionalizado e de calidade con propostas como esta Cátedra do Deporte”, concluíu o presidente da Deputación.

Galerias de imagenes

audios

Noticias relacionadas

{"classPK":13851041,"groupId":"37861","name":"20251027_recepción_rafaestevez_02.jpg","alt":"Luis López recibiu a Lydia Pérez","title":"20251027_recepción_rafaestevez_02.jpg","type":"document","uuid":"87ee77d8-31a3-9c94-5986-ac8a7f43f3f1","fileEntryId":"13851041","resourcePrimKey":"13851073"}

Luis López recibe a pontevedresa Lydia Pérez, que acaba de facer historia na disciplina de loita praia despois de acadar o primeiro ouro de España na final do mundial en Exipto

  27/10/2025

{"classPK":13619354,"groupId":"37861","name":"20250925_memorial-maite-mendez-3.jpeg","alt":"presentación do II Memorial Maite Méndez","title":"20250925_memorial-maite-mendez-3.jpeg","type":"document","uuid":"f75fa136-bac9-7582-1722-650985726abd","fileEntryId":"13619354","resourcePrimKey":"13619584"}

Rafa Domínguez participa na presentación do II Memorial Maite Méndez e pon en valor “o papel desta grandísima muller para o deporte e para a cidade de Pontevedra”

  25/09/2025

{"classPK":13613491,"groupId":"37861","name":"20250924_rafa-dominguez-socorrismo-1.jpeg","alt":"Rafa Domínguez presenta o Campionato de España por Comunidades Autónomas da Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo","title":"20250924_rafa-dominguez-socorrismo-1.jpeg","type":"document","uuid":"94f27010-8852-88b5-e1ac-1b964738fed1","fileEntryId":"13613491","resourcePrimKey":"13613539"}

Rafa Domínguez presenta o Campionato de España por Comunidades Autónomas da Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo

  24/09/2025

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 8 resultados.