Luis López visita o remate das obras da rampla axardinada da praza dos Barcos de Sanxenxo

02/12/2023

O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, visitou este sábado a praza dos Barcos de Sanxenxo acompañado polo presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín. O motivo desta visita foi percorrer as obras e escoitar as explicacións dos responsables da redacción do proxecto “Batea en terra”, así como comprobar o remate dos traballos desta primeira fase do plan, que inclúe a construción dunha rampla axardinada no centro neurálxico da capital turística das Rías Baixas.

Galerias de imagenes