Luisa Sánchez destaca a importancia de asesorarse con profesionais e de apostar polo talento femenino durante a xornada ‘Soltando amarras’ de Empresarias de Galicia

14/04/2026

Luisa Sánchez destaca a importancia de asesorarse con profesionais e de apostar polo talento femenino durante a xornada ‘Soltando amarras’ de Empresarias de Galicia

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra e deputada de Economía e Impulso ao Emprego, Luisa Sánchez, participou este martes no acto de clausura da xornada ‘Soltando amarras’, organizada por Empresarias de Galicia, onde destacou a importancia de escoitar ás profesionais e expertas para tomar decisións acertadas no ámbito empresarial. Durante a súa intervención, subliñou que encontros coma este permiten poñer en común experiencias reais e dar visibilidade a traxectorias que demostran que o talento existe e que cómpre apostar por el con decisión.

Luisa Sánchez incidiu en que o camiño na empresa non é sinxelo nin inmediato, senón que require proxectos, constancia e valentía para dar un paso adiante. Neste sentido, puxo en valor o papel das institucións como acompañantes e facilitadoras.

Galerias de imagenes