Luisa Sánchez participa na homenaxe ás persoas maiores da Asociación Veciñal Monte da Mina

04/07/2026

Luisa Sánchez participa na homenaxe ás persoas maiores da Asociación Veciñal Monte da Mina

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu este sábado á homenaxe ás persoas maiores organizada pola Asociación Veciñal, Cultural e Deportiva Monte da Mina. No transcurso do acto rendeuse unha homenaxe a Agustín e Fe, o home e a muller de maior idade da asociación. Na súa intervención, a responsable provincial destacou o significado dunha cita que permite recoñecer a quen leva toda unha vida formando parte da parroquia de Castrelos. Así mesmo, animou a vivir a celebración “sen nostalxias e festexando o presente”.