A vicepresidenta Luisa Sánchez participa na entrega de trofeos da Vilagarcía Basket Cup Helena Mariño

29/03/2024

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, participou esta tarde no recinto Fexdega na entrega de premios da XXVI Vilagarcía Basket Cup Helena Mariño, organizada polo C. B. Vilagarcía e que conta co apoio económico da Deputación de Pontevedra. A vicepresidenta e responsable da Área de Deportes da institución provincial entregoulles trofeos a algúns dos 22 equipos campións e subcampións desta competición, que este ano bateu todas as expectativas de participación (con preto de 2.000 xogadores) e se estendeu a instalacións deportivas dos concellos veciños de Cambados e Vilanova de Arousa para ofrecer 30 horas de baloncesto repartidas en tres xornadas.