A Deputación aproba achegas por valor de 400.000 euros para que catro concellos da provincia realicen melloras en infraestruturas deportivas

Son recursos do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado con 8 millóns de euros para os concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, que chegan esta semana á Cañiza, Lalín, Nigrán e Sanxenxo

11/04/2025

rolda de prensa de Rafa Domínguez

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acaba de aprobar novas achegas por valor de 400.000 de euros do II Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para que A Cañiza, Lalín, Nigrán e Sanxenxo realicen melloras en diferentes equipamentos deportivos. Como explicou o vicepresidente da institución provincial, Rafa Domínguez, “cos 8 millóns de euros deste plan, o dobre que na pasada edición, estamos a reforzar, como nunca antes se fixera, a colaboración cos concellos para modernizar os equipamentos deportivos“.

En concreto, o Concello de Lalín recibe 48.130 euros para o proxecto de acondicionamento dos aseos do pavillón municipal, que teñen na actualidade en mal estado os revestimentos, a carpintería e o mobiliario. Desta maneira, melloraranse os acabados e elementos, colocarase unha nova louza de aseo, nova tabiquería e renovarase a instalación da iluminación, entre outras actuacións.

Ademais, Sanxenxo contará con 61.753 € para a ampliación dos vestiarios no campo de fútbol de Baltar de abaixo, que se suman aos 125.000 € aprobados para este concello a pasada semana para diferentes campos de fútbol. Por outra banda, A Cañiza contará con 107.033 para renovar o actual sistema de depuración da piscina cuberta municipal e Nigrán con 188.564 euros para reparar a cuberta do pavillón de deportes municipal de Panxón.

audios

— 3 Resultados por página
Mostrando el intervalo 1 - 3 de 5 resultados.