A vicepresidenta Luisa Sánchez reivindica o papel clave da Deputación na construción de Europa desde o municipalismo no acto de celebración do Día de Europa da Axencia Europea de Control da Pesca

08/05/2024

Papel clave da Deputación na construción de Europa

A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, reivindicou o papel clave da Deputación na construción de Europa desde o municipalismo no acto de celebración do Día de Europa organizado pola Axencia Europea de Control da Pesca no Museo do Mar de Galicia. Sánchez subliñou que "estamos firmemente convencidos da transcendencia do mundo local no impulso dunha Europa máis forte, máis solidaria, máis unida e máis cooperativa" e apelou a "non perder de vista a declaración de intencións de Schumann e avanzar na construción dunha Europa unida, garante de paz e solidariedade, de democracia, de respecto ao estado de dereito e ao equilibrio territorial".