Rafa Domínguez sinala o potencial de Pontevedra para acoller grandes eventos deportivos na presentación do II Torneo M15 Pontevedra Internacional Open de Tenis

03/10/2025

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar no Pazo provincial na presentación do II Torneo M15 Pontevedra Internacional Open de Tenis, organizado polo Club de Tenis de Pontevedra, e que do 6 ao 12 de outubro reunirá nas súas instalacións a algúns dos mellores tenistas  do mundo.

"Na Deputación –asegurou o vicepresidente- confiamos na potencialidade do noso territorio para acoller grandes competicións deportivas como esta, que sitúan á provincia no máis alto nivel". Domínguez tamén aproveitou para dar os seus parabéns ao Club de Tenis de Pontevedra: "Estou convencido de que virán moitas máis edicións do Pontevedra Internacional Open, converténdose nun evento clave no calendario deportivo da cidade". Neste eido, tendeu a man do goberno provincial "para seguir impulsando a provincia como o campo de xogo por excelencia de todas as modalidades deportivas".

Galerias de imagenes