O vicepresidente da Deputación, Rafa Domínguez, asiste á procesión do Santo Enterro en Pontevedra

29/04/2024

Rafa Domínguez asiste á procesión do Santo Enterro en Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu esta tarde á procesión do Santo Enterro, o acto principal do Venres Santo que recorda o enterro de Xesucristo e no que participaron as sete confrarías da cidade. O paso da Semana Santa, que partiu desde a basílica de Santa María encabezado pola cruz parroquial e o calvario, percorreu Mestre Mateo, a praza de España, Riestra, a Oliva, García Camba, a Peregrina, os soportais, Fernández Villaverde e Michelena, para volver de novo pola praza de España e Mestre Mateo e rematar na avenida de Santa María.

Galerias de imagenes