Rafa Domínguez participa na presentación da V Carreira da Muller e pon en valor o carácter solidario da cidadanía de Pontevedra

06/05/2026

Rafa Domínguez participa na presentación da V Carreira da Muller e pon en valor o carácter solidario da cidadanía de Pontevedra

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, acaba de participar na presentación da V Carreira da Muller, unha marcha nocturna non competitiva de 5 quilómetros que percorrerá a capital da provincia na noite do sábado 23 de maio para recadar recursos económicos para a Asociación Española Contra o Cancro. “Unha cita -remarcou o vicepresidente- que este ano celebra o seu quinto aniversario demostrando que aos pontevedreses nos gusta estar en plena forma, que somos a provincia do deporte pero, por riba de todo, que somos unha cidade cunha grande implicación social e moi solidaria, e que xuntas e xuntos somos quen de construír unha provincia de boas persoas”. Ao respecto, Domínguez animou a participar na carreira para seguir “visibilizando a importancia de dotar de fondos suficientes a investigación para atopar cura ao cancro” e remarcou que “neste camiño ides contar sempre con nós, coa Deputación de Pontevedra”.

Galerias de imagenes